Gears of War 2 -XBOX 360-

Un breve repaso pola historia, por se un non pasou pola primeira parte: a ciencia descubre unha nova forma de combustible para sustituir as fontes enerxéticas actuales o que provoca, lóxicamente, unha guerra mundial polo control da chamada “emulsión”, a chamada Guerra do Péndulo. Arededor dunha cuarta parte da poboación é diezmada e, aproveitando esta circunstancia de debilidade global, unha raza oculta nas profundidades aproveita para sair a escena e apoderarse da maior parte do planeta Sera.
A Horda Locust, unha raza agresiva (e moi fea) capitaneada polo Xeneral RAAM, apodérase dos principais núcleos urbanos e impide calquer intento de contraataque humano. Pero non está todo perdido, e ahí entramos nosoutros; rescatados dunha celda polos nosos vellos colegas, emprendemos unha misión co noso escuadrón Delta para desvelar a rede de túneles que os enemigos usan para as súas idas e voltas e, xa de paso, poñer unha bomba das grandes para acabar con eles e matar dous paxaros dun tiro. Nada menos que todo eso puidemos vivir no noso primeiro GOW.
Hoxe, todavía como membro dos COG, volvemos a interpretar o papel de Marcus Fenix, un Gear duro e entrenado coma os de antes, nesta nova aventura. Porque os Locust non dixeron nin moito menos a súa última palabra e vense capaces de aniquilar a raza humana dunha vez por todas con máis inxenio do que lles supón. Por ese motivo, e para evitar a exterminación, desde Jacinto, a última cidade – refuxio, bastión e centro neurálgico da esperanza humana despois do misterioso hundimento das bases de Tollen e Montenevado-, recibimos unha orden final: atacar. Con todo o que teñamos. E que sexa o que Deus queira. Así comeza esta misión no día máis decisivo da humanidade. Ofensiva a vida ou morte.

reaverattack_resize

Aquí tedes un video:

http://www.youtube.com/watch?v=FL_ZjJgbDmc

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.