Este xogo ten que ser un obligatorio no noso blog.
Os primeiros tres foron grandes exemplos de xogos de acción en toda plataforma que tocaron, pero o que terminou de marcar un antes e un despois na serie foi sen lugar a dúbidas o cuarto título de Call of Duty, con máis de trece millóns de copias vendidas arredor do mundo. Inevitablemente, semellante éxito garantiu a existencia dunha secuela, e aínda que aínda falten uns bos cinco meses para a súa saída oficial, comezou a aparecer información sobre Modern Warfare 2, incluído o trailer en alta definición que a empresa Infinity Ward colgou en Youtube. Vexamos que é o que podemos esperar deste próximo título.
Cando salga e logo dunha longa proba colgaremos mais articulos relacionados con esta proeza do videxogo.
De momento, os videos falan por si solos…

