
A historia desenvólvese no 2012, catro anos despois de que un novo desastre nuclear alterara as leis da natureza arredor do tristemente famoso reactor número 4 de Chernóbil. O exército ucraniano acudiu pronto a fixar o perímetro de exclusión no que se atopa a central desde o primeiro accidente, pero todos os seus intentos por chegar ó reactor e averiguar que pasou acabaron coa desaparición dos equipos enviados, polo que os soldados se contentan con desenvolver labores de contención. “A Zona”, nome co que se bautizou a todo o perímetro de exclusión, xerou dende entonces todo tipo de fenómenos relacionados coa radiación, incluindo mutacións da fauna.

Pero na desgraza sempre hai lugar para o lucro e o fenómeno permitiu a proliferación de todo tipo de obxetos con propiedades especiais, que supoñen una fortuna no mercado negro para os ousados ou os estúpidos que non teman enfrentarse ás inclemencias da área, plagada de soldados de gatillo fácil, bandidos, criaturas monstruosas e misterios. Esos mercenarios conócense como S.T.A.L.K.E.R e ti eres un deles.
Aquí tedes un video: