Archive for Xuño 19, 2009

Drakensang: The Dark Eye -PC-

Entrando en Aventuria

A historia de Drakensang comeza con unha carta, a que un vello amigo nos envía, instándonos a viaxar ata a cidade de Ferdok. Xusto despois da lectura desta carta, pasamos a crear o noso persoaxe con un completo editor que segue as regras da cuarta edición do xogo de rol de The Dark Eye.
Drakensang11
Podemos elexir entre máis de vinte clases de persoaxe, entre as que se contan algunhas pouco usuais, como a de pirata. A clase determina a raza, polo que a elección limítase a elixir o arquetipo de xogador que queremos ser e o noso xénero. Poderemos deixar a configuración de talentos e puntos de habilidade que configura por defecto cada clase ou repartir os puntos ó noso antoxo.

drakensang-the-dark-eye-20090123023616091_640w

As posibilidades son moitas e variadas, e resulta difícil non encontrar un rol que se axuste ao noso estilo de xogo. Co noso avatar xa creado, aventurámonos no mundo aparecendo en una aldea cercana a Ferdok, que sirve de tutorial para as nosas primeiras misións. Será aquí donde comece a nosa andadura, á vez que tomamos consciencia da mecánica do xogo, herdeira de clásicos como Baldur´s Gate ou Fallout, xa que permite pausar a acción para tomar decisións. A área inicial ofrécenos un bo puñado de misións e varios persoaxes que se unirán ao noso grupo. Estos aliados poderán ser totalmente personalizados e controlados por nós directamente, ó contrario que outros que engrosarán as nosas filas durante pasaxes concretos da historia para despois abandoar o grupo a vontade.

Aquí tedes un video:

Assassins Creed II -PS3-PC-XBOX 360-DS-

assassins-creed-21

A información sobre Assassin’s Creed 2 fíltrase con conta pingas, pero Ubisoft informounos esta mesma tarde de que o esperado xogo de acción e aventuras no que traballa desde fai algúns anos se poñerá á venda en nadal do presente 2009.

Segundo reza a propia nota de prensa o videoxogo é “o resultado de dous anos de desenvolvemento”, e encarnaremos a Ezio, un mozo nobre no período do Renacemento Italiano dentro de “un devastador mundo aberto”.

“O noso equipo creativo está traballando moi duro para levar a experiencia de Assassin’s Creed ao máis alto. Melloramos todos os aspectos do xogo”, declarou o Director Creativo do proxecto, Patrice Desilets. “Introducímonos na incrible historia da Italia Renacentista para poder ofrecer ás seguidores de Assassin’s Creed unha experiencia única, variada e innovadora”.

O anuncio veu acompañado dun segundo teaser-trailer que achega algunhas breves pinceladas sobre o contexto e o argumento da secuela, e que podes ver aqui.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.