
A información sobre Assassin’s Creed 2 fíltrase con conta pingas, pero Ubisoft informounos esta mesma tarde de que o esperado xogo de acción e aventuras no que traballa desde fai algúns anos se poñerá á venda en nadal do presente 2009.
Segundo reza a propia nota de prensa o videoxogo é “o resultado de dous anos de desenvolvemento”, e encarnaremos a Ezio, un mozo nobre no período do Renacemento Italiano dentro de “un devastador mundo aberto”.
“O noso equipo creativo está traballando moi duro para levar a experiencia de Assassin’s Creed ao máis alto. Melloramos todos os aspectos do xogo”, declarou o Director Creativo do proxecto, Patrice Desilets. “Introducímonos na incrible historia da Italia Renacentista para poder ofrecer ás seguidores de Assassin’s Creed unha experiencia única, variada e innovadora”.
O anuncio veu acompañado dun segundo teaser-trailer que achega algunhas breves pinceladas sobre o contexto e o argumento da secuela, e que podes ver aqui.
